lunes, 21 de junio de 2021

COMEZAMOS


A Lingua de Signos está chea de plasticidade e beleza e é capaz de crear a maxia da poesía e de envolver ás persoas nun mundo onírico cheo de imaxes fantásticas
(Oliver Sacks)

Comezamos este blog cunha reflexión de Oliver Sacks que cremos que reflicte á perfección o noso sentir por esta lingua. O noso obxectivo é facilitar a difusión da Lingua de Signos Española (LSE), a través da expresión de intereses, necesidades, opinións, coñecementos e especialidades. Queremos dedicalo a difusión da LSE, do seu uso e aprendizaxe.

A xordeira, por si mesma, non debe supoñer unha limitación para o desenvolvemento emocional, cognitivo, lingüístico, e relacional. Así, é importante ir máis alá da rehabilitación auditiva e da linguaxe oral, comprometéndonos a facilitarlles unha contorna accesible e libre de barreiras de comunicación, de prexuízos e de actitudes que ralentizan e dificultan o seu crecemento, e para nada contribúen ao seu benestar emocional. A nosa mirada como pais, nais, como profesionais, ten que ir máis alá da pérdida auditiva, e concebilos como seres con pontencialidades; miralos coma o que son: persoas en proceso de desenvolvemento e adaptación a un medio vital que perciben de forma visual, ao que da sentido a lingua de signos.

As nenas e nenos xordos poden adquirir rápidamente a lingua de signos, por serlle totalmente natural e espontánea xa que parte dunha das súas potecialidades: a visual. O aprendizaxe da lingua de signos é realmente beneficiosa para o seu desenvolvemento global, independentemente de que se vexa reforzado no ámbito familiar e escolar.

Feito con agarimo



O COELLIÑO BRANCO

 O COELLIÑO BRANCO

A nosa profe Leti animouse a interpretar este popular conto de Kalandraka en Lingua de Signos. Contou coa axuda da aula dos nenos/as de 5º B de infantil e da súa profe Mari, que narrou o contou coa tenrura a que nos ten acostumados. Parabéns aos nenos/as polos fantásticos debuxos que ilustran o conto. 

VOCABULARIO EN LINGUA DE SIGNOS

 ECO VOCABULARIO Video da IV Feira do CPI As Mirandas "Ecoescolares", no que o alumnado de 2º da ESO nos ensina algúns signos rela...