CANCIÓNS EN LSE





MORRIÑA

O tema Morriña de Baiuca interpretada á LSE polo alumnado de 2º da ESO do CPI As Mirandas. Tivemos que organizalo e facelo en tempo récord pero a rapazada deste curso é incrible como traballa, sobretodo como traballan en equipo. Algúns deles incluso enviaron a súa parte signada dende Palermo, por estar de Erasmus alá. Noraboa rapaces!!

Non podemos deixar de falar do fermoso escenario onde gravamos, a praia de Estacas que está no Concello de Ares. Unha marabilla de paisaxe!!!



SIENTE LA PAZ

Videoclip realizado no CPI As Mirandas de Ares para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia







MIDAS

Midas de Tanxugueiras, interpretada polo alumnado de 1º ESO do CPI As Mirandas, unha marabilla de rapaces. Con esta canción participamos no IV Concurso de "Cantamos con las manos", no que acadamos unha mención de honor. Felicitacións a todos os rapaces!!!

Grazas ás compoñentes do grupo Tanxugueiras polo vídeo de felicitación, foi unha grata sorpresa









EL MUNDO ENTERO

El mundo entero. Canción interpretada polo alumnado de 1º da ESO de CPI As Mirandas co gallo do Día da Paz 2021







ME PIERDO


Marcos Mella e alumnas do CPI As Mirandas (Khadija, Sara, Noelia e Carla) interpretando a Lingua de Signos este fermoso tema.😍






O FÍO DO QUE PENDO

No ano 2019, participamos na III Edición d Concurso Escolar de cancións en Lingua de Signos Española “Cantamos coas mans”, coa canción  O fío do que pendo de MJ Pérez.

Neste acto recibimos a Mención de Honra  desta edición na que os nosos  alumn@ s puideron interpretar e actuar coa cantante  MJ Pérez.





MALAXENTE. CPI AS MIRANDAS


Dende o CPI As Mirandas queremos defender a música na nosa lingua, facéndoa ademais accesible ás persoas usuarias da lingua de signos. Así que, deixando a vergoña de lado, as profes do cole realizamos un videoclip coa última creación da cantautora galega MJ Pérez, que fusiona en Malaxente á ilustre poeta galega coa cantante Rosalía. Dicir que foi gravado en distintas contornas do noso concello: Cervás, Lubre, Ares… e que o pasamos xenial!!!! Grazas a todas as persoas que fixeron posible este traballo e en especial á intérprete de lingua de signos do noso cole. 


   





WALKING ON SUNSHINE


Con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) coa canción Walking on sunshine. Ano 2017

 



CHEA DE VIDA

 O alumnado co CPI As Mirandas participou, o pasado día 11 de maio, na gravación nos asteleiros de Navantia da canción "Chea de vida" da intérprete cedeiresa, Guadi Galego, contando coa súa presenza e baixo a dirección de Ramón Bermejo. A canción foi tamén interpretada de forma simultánea en língua de signos por un grupo deescolares do noso centro. Dende a Dirección queremos dar os PARABÉNS A TODOS OS ORGANIZADORES(CFR Ferrol) E ESPECIALMENTE, AOS PARTICIPANTES QUE, GRAZAS AO SEU ESFORZO E EXCELENTE TRABALLO ENCHERONNOS DE VIDA !!!. 2017






TEMPESTADES DE SAL 

        
Hoxe, 14 de xuño, celebrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e dende o CPI As Mirandas queremos recordar este día mediante a publicación dunha canción de Sés “Tempestades de Sal” en Lingua de Signos Española. Ao longo do vídeo facemos un rápido percorrido histórico sobre as principais figuras e acontecementos que influíron e determinaron a educación das persoas xordas dende o século XVI ata a actualidade. Ano 2018

       





TAMBORES DE MAR

Os alumnos do CPI As Mirandas deséxanvos un Bo Nadal en Lingua de Signos con esta canción de SES, titulada Tambores de mar. Felices Festas!!!





LIPDUB VILASOÑARES


O proxecto de Vila SoñAres comezou cun obxectivo básico e fundamental, fomentar a inclusión, neste caso, das persoas xordas, desenvolvendo capacidades de empatía e cooperación coma inicio do camiño cara ao respecto e á maravillosa diversidade. Todos necesitamos a comunicación e a lingua para construir o pensamento, organizar o mundo que nos rodea e interactuar. Para a gran maioría das persoas xordas a ferramenta para adquirir todo iso é a Lingua de Signos.

Gracias a colaboración de todos os profesores e en especial do alumnado do CPI Conde de Fenosa, puidose comezar a SOÑAR nun mundo sen barreiras, tanto visibles como invisibles, as cales non nos deixan medrar, compartir e descubrirnos.

Aí vos queda a mostra!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOCABULARIO EN LINGUA DE SIGNOS

 ECO VOCABULARIO Video da IV Feira do CPI As Mirandas "Ecoescolares", no que o alumnado de 2º da ESO nos ensina algúns signos rela...