A Lingua de Signos está chea de plasticidade e beleza e é capaz de crear a maxia da poesía e de envolver ás persoas nun mundo onírico cheo de imaxes fantásticas. (Oliver Sacks)
Comezamos este blog cunha reflexión de Oliver Sacks que cremos que reflicte á perfección o noso sentir por esta lingua. O noso obxectivo é facilitar a difusión da Lingua de Signos Española (LSE), a través da expresión de intereses, necesidades, opinións, coñecementos e especialidades. Queremos dedicalo a difusión da LSE, do seu uso e aprendizaxe.
A xordeira, por si mesma, non debe supoñer unha limitación para o desenvolvemento emocional, cognitivo, lingüístico, e relacional. Así, é importante ir máis alá da rehabilitación auditiva e da linguaxe oral, comprometéndonos a facilitarlles unha contorna accesible e libre de barreiras de comunicación, de prexuízos e de actitudes que ralentizan e dificultan o seu crecemento, e para nada contribúen ao seu benestar emocional. A nosa mirada como pais, nais, como profesionais, ten que ir máis alá da pérdida auditiva, e concebilos como seres con pontencialidades; miralos coma o que son: persoas en proceso de desenvolvemento e adaptación a un medio vital que perciben de forma visual, ao que da sentido a lingua de signos.
As nenas e nenos xordos poden adquirir rápidamente a lingua de signos, por serlle totalmente natural e espontánea xa que parte dunha das súas potecialidades: a visual. O aprendizaxe da lingua de signos é realmente beneficiosa para o seu desenvolvemento global, independentemente de que se vexa reforzado no ámbito familiar e escolar.
Feito con agarimo
No hay comentarios:
Publicar un comentario